A de onte foi unha xornada de campo moi emocionante, dedicada ás bolboretas e aos hábitats de montaña da Reserva da Biosfera dos Ancares Lucenses e Montes de Navia, Cervantes e Becerreá.
Non puidemos atopar a bolboreta Apolo, pero si tivemos a oportunidade de observar moitos animais e varias especies de bolboretas moi interesantes, como a Brintesia circe e unha Argynnis paphia de forma valesina, co anverso das súas ás de cor verde escuro, pouco frecuente e habitual en zonas húmidas de alta montaña.
Foi un pracer compartir tantos momentos especiais con vós.
Queremos agradecer a Lola e Isolina de Piornedo Anda pola súa axuda e coñecemento, así como á área de Medio Ambiente da Deputación de Lugo, sen cuxo apoio esta expedición non sería posible.
